Gala da Reconquista
varios

Gala da Reconquista

Teatro Afundación Vigo Vigo

18 SETEMBRO - 20 h.

desde* 5,40 €

* Prezo mínimo sen comisión

Merca entradas Gala da Reconquista Vigo .

No mes de marzo do ano 2020 estando moi avanzada a organización da celebración anual da Festa da Reconquista e por mor da aparición da pandemia do COVID-19 e o conseguinte confinamento decretado polo goberno a Asociación Veciñal e Cultural Casco Vello, organizadora da festa, viuse obrigada a suspender todas as actividades previstas. Novamente, no presente ano, diante da evolución negativa da devandita pandemia, vímonos obrigados a adiar todos os actos que novamente estabamos a preparar. Unha vez consumada esta segunda suspensión optamos por propor a realización dalgún acto, de carácter un tanto simbólico, que permita que non decaia totalmente a presenza na cidade dunha festa histórica de tanto renome que mesmo ven de ser declarada Festa de Interese Turístico Nacional. Para elo propuxemos organizar a Gala da Reconquista da Vila de Vigo, acto a realizar no Teatro Afundación o día 18 de setembro no que reuniremos os aspectos máis destacados da festa: a representación, contada a través dos seus protagonistas, a música e o baile tradicional nun marco no que trataremos de reproducir o Vigo de principios do século XIX. Baixo a dirección artística de María Torres e Carlos Veleiro, a dirección coreográfica de María Prego e a dirección musical de Luís Prego levaremos a cabo a representación na que trataremos de que o público se mergulle na historia facéndoo partícipe dela ao tempo que cumpriremos estritamente cos protocolos sanitarios vixentes no día da representación.

Mercar entradas Gala da Reconquista Vigo .