Merca entradas MIERDA DE CIUDAD, la historia del rock radical vasco | Guerrilla 2023 Pontevedra .
O evento dispón dos descontos habituais.
A directora Olatz Gorrotxategi achéganos “Mierda de Ciudad” a Pontevedra. Unha peza teatral que fala da música e da vida dunha xeración que busca o seu lugar. Un western musical sobre o auxe e a caída do rock radical vasco.
A obra é un percorrido polas principais reivindicacións dos anos oitenta: a insumisión, o movemento antinuclear, o dereito ao aborto, etc. Unha historia contada en primeira persoa por tres intérpretes e tres artistas colaterais.
Unha obra sobre o fracaso. Unha xeración en busca do seu lugar. O punk chegou. Un duelo. O silencio existencial do western. Un renegado que xa non quere ser el. Nin naiz naizena. A diáspora vasca en Idaho e Nebraska. Un vaqueiro escupindo. Tres persoas contándonos unha historia que comezou nos anos 80 e remata hoxe, aquí, diante de tí. Indios Sioux defendendo a cultura vasca. Un cartel de "Búscase". O desaloxo dun Saloon. Outra ocupación. Clint Eastwood dicindo que non quere ir ao servizo militar. É 1880. A pólvora e a goma 2. Nuklearrik ez, ez hemen ez inon ez. A febre do ouro e o peche dos Estaleiros. Unha historia sobre o desalento do pensamento e as loitas colectivas. O fin dunha xeración. Moita policía, pouca diversión. A derrota. As reservas dos Estados Unidos de América. Os reductos do punk. Ambos reducidos a resistencias. O horizonte. A xente que ven detrás de min. Unha vasta pradeira aínda por colonizar, detrás de min. Hoxe. É. O. Futuro. Como cantaba La Polla Records.
GUERRILLA 2023. Do 28 de setembro ao 8 de outubro. Cultura reivindicativa dende Pontevedra.
Mercar entradas MIERDA DE CIUDAD, la historia del rock radical vasco | Guerrilla 2023 Pontevedra .