Merca entradas LEO BASSI: 70+ | Guerrilla 2023 Pontevedra .
O evento dispón dos descontos habituais.
70 anos pasan rápido. Que llo digan a Leo Bassi.
O irreverente clown mundialmente recoñecido bota a vista atrás e fai balance da súa traxectoria sobre as táboas. Un espectáculo que pon o foco no edadismo e esixe que se respecte a vellez, as experiencias e a acumulación de coñecementos. Unha nova ocasión na que este persoeiro do humor internacional reivindica a risa como ferramenta de reflexión social e o acto teatral como un ritual.
"Se alguén me dixese cando tiña 20 anos que aos meus 70 estaría cheo de proxectos e con máis ganas de vivir que nunca, consideraríao un tolo ou malintencionado. Entón tiña claro que a vida creativa era unha explosión da miña forza vital xuvenil e que pasados os 50 estaría esgotada. Chegar a 70 anos non entraba nos meus plans. Agora, fronte a unha realidade que non podo negar, teño 70 anos! Quedo totalmente asombrado polas enerxías que descubro a diario en min e quero celebralo… co meu querido público!"
Leo Bassi, a través da súa memoria, descobrenos que hai que volver ao humanismo e aos instintos. Asómbrase da súa enerxía, asumo a súa responsabilidade como chamán e bufón, axitador de emocións que reivindica a risa como unha das grandes forzas da existencia e raíz existencial do seu desexo de provocar. O humor como reflexión da sociedade e o acto teatral como un ritual”.
GUERRILLA 2023. Do 28 de setembro ao 8 de outubro. Cultura reivindicativa dende Pontevedra.
Mercar entradas LEO BASSI: 70+ | Guerrilla 2023 Pontevedra .