Mercedes Peón con Osmose | Guerrilla 2023
varios

Mercedes Peón con Osmose | Guerrilla 2023

Teatro Principal de Pontevedra Pontevedra

7 Outubro 2023 - 21 h.

desde* 10,00 €

* Prezo mínimo sen comisión

Merca entradas Mercedes Peón con Osmose | Guerrilla 2023 Pontevedra .

O evento dispón dos descontos habituais.

Compositora, vocalista e instrumentista galega, Mercedes Peón é considerada como unha das mulleres máis carismáticas do circuíto da world music actual. Comprometida e loitadora, non podía faltar nesta programación.

Achégase a Pontevedra cunha obra moi vinculada á nosa historia: Osmose, que ten como protagonistas ás traballadoras das fábricas de Pontesa e das conserveiras galegas. Un diálogo colectivo a través das imaxes do seu arquivo persoal xunto co traballo visual da ferrolá Peque Varela, o relato fílmico da película Nación, de Margarita Ledo Andión, e a arquitectura lumínica de Laura Iturralde.

Unha pregunta escénica canalizada a través da música e as súas corporalidades. Un espazo de relación entre o imaxinario de creación colectiva con imaxinarios atravesados polo capital. Relación entre elementos, sistema que filtra corpos incorporados á producción. Corpos sen xénero distribuidos no binarismo de poder e subalternidade.

GUERRILLA 2023. Do 28 de setembro ao 8 de outubro. Cultura reivindicativa dende Pontevedra.

Mercar entradas Mercedes Peón con Osmose | Guerrilla 2023 Pontevedra .