MJ PÉREZ + O RABELO | Guerrilla 2023
varios

MJ PÉREZ + O RABELO | Guerrilla 2023

Teatro Principal de Pontevedra Pontevedra

29 Setembro 2023 - 21 h.

desde* 6,00 €

* Prezo mínimo sen comisión

Merca entradas MJ PÉREZ + O RABELO | Guerrilla 2023 Pontevedra .

O evento dispón dos descontos habituais.

MJ Pérez e O Rabelo darán comezo á terceira edición do Guerrilla 2023.

Dúas figuras clave para entender as reivindicacións de xénero e diversidade afectivo sexual da música galega actual. As butacas do Teatro Principal de Pontevedra mergullanse nun ambiente festivo, inmersivo, animado e ante todo reivindicativo.

Dúas artistas que nos presentan os seus particulares universos artísticos cun nexo común: o sentir reivindicativo.

MJ Pérez é unha das voces máis recoñecidas do panorama musical galego. Un espírito “guerrilleiro” que demostra en cada concerto sendo quen de “facer sentir” ao seu público. Como di ela, a música é “un xeito máis de facer ficción. Canto como un xeito máis de expresión”.

O Rabelo achéganos o rap, a música electrónica e a música de raíz. Unha peculiar mestura para transmitir unha mensaxe de liberación de todo o que sintas dentro: roneo duro, raiba contida ou ternura salvaxe.  Reguetón pa’ bailar no serán.

GUERRILLA 2023. Do 28 de setembro ao 8 de outubro. Cultura reivindicativa dende Pontevedra.

Mercar entradas MJ PÉREZ + O RABELO | Guerrilla 2023 Pontevedra .