Merca entradas Verán no Gaiás 2022. Concerto “Estamos no verán!” de Xoán Curiel e a Banda do Verán Santiago de Compostela .
Información práctica:
-
Horario: 20h.
-
Lugar: Xardín do Teatro, Cidade da Cultura.
-
Idade recomendada: + 4 anos.
-
Duración: 70 min. aproximadamente.
-
Entrada: 3€ + gastos de xestión.
Verán no Gaiás 2022 | Espectáculos e actividades de lecer en familia
Volve o Verán no Gaiás cun feixe de actividades para gozar do bo tempo e o lecer en familia, mesturando creatividade e diversión e fomentando que nenos e nenas exploren xuntos, e en convivencia coas persoas adultas, aspectos como a creación e as artes plásticas, os contos, a música ou a imaxinación.
Entre o 13 de xullo e o 17 de agosto, cada mércores o Gaiás acollerá unha proposta diferente na que non faltarán a maxia, os monicreques, os contacontos, os obradoiros e sobre todo as gargalladas, da man de diferentes artistas e compañías galegas con espectáculos especialmente pensados para a rapazada.
Ademais, nas seis datas programadas contaremos tamén cun espazo de lecer alternativo de acceso libre con diferentes xogos artesanais nos que maiores e cativada poderán demostrar a súa puntería, habelencia e enxeño.
17 AGO | Estamos no Verán!!! Xoán Curiel e a Banda do Verán
Para despedir as propostas deste verán familiar no Gaiás, vinde cantar e choutar con este espectáculo participativo que mesturan música e danza con elementos teatrais e de clown.
Estilos como funk, rock, pop, reggae ou bossa únense nun concerto cheo de ritmos e coreografías que mergullará a cativada nunha festa que louva o período de maior felicidade da infancia: as vacacións!!
Mercar entradas Verán no Gaiás 2022. Concerto “Estamos no verán!” de Xoán Curiel e a Banda do Verán Santiago de Compostela .